AS CORCERIZAS
As Corcerizas supón o reflexo do carácter construtivista de Amigos da Terra e representa o recurso fundamental para desenvolver as polÃticas da asociación, mostrando algunhas alternativas posibles para poñer freo aos máis graves problemas ambientais que afectan ao noso entorno local e global, demostrándoas desde a práctica e a acción, e facéndonos parte das propias solucións que aporta.
O principio de coherencia marca a diferencia. A clave atópase en que o propio equipamento resulta un recurso educativo en si mesmo, conformando un único proxecto con maior capacidade de incidir eficazmente nos comportamentos desde o momento en que se converte nunha experiencia vivencial, baseándonos nunha educación ambiental de calidade, comprometida, crÃtica, activa, participativa, aberta e plural.